
Benqueridos amigos:
Agradézovos o voso interese por coñece-la nosa franquía Quasar Elite. Preparamos este dossier de presentación co obxectivo de que coñezades a nosa marca e amplia gama de servizos que ofrecemos aos nosos franqueados.
A nosa experiencia de máis de 20 anos na explotación deste concepto de centros de lecer permitiunos dispor dun profundo coñecemento do sector e ofrecer unha franquía cunha alta rendibilidade. Así o proban os nosos 255 centros repartidos por todo o planeta e algún deles funcionando dende os anos 80, cando creamos a primeira tecnoloxía láser Q-Tsar que fomos evolucionando ata os últimos desenvolvementos de Quasar Elite.
As empresas empregan os nosos centros para organizar eventos, convencións e presentación de novidades, os nenos de 7 a 14 anos elíxennos para as súas festas de aniversario e comuñóns. Os xogadores novos acoden cada semana cos seus amigos a divertirse. En xeral, centos de miles de xogadores en todo o planeta gozan dos nosos xogos dende hai moitos anos. A afección é tal, que organizamos para eles campionatos a nivel rexional, nacional e ata mundial.
Conseguimos unha posición de liderado no sector grazas á profesionalidade que imprimimos en tódolos aspectos: dende a fabricación dos elementos do xogo con materiais irrompibles e seguros, a selección e negociación de provedores, a decoración espectacular dos locais, ata unha amplia e variada selección de elementos de mercadotecnia.
Podemos ofrecervos, se o desexades, unha instalación "chave na man". Os nosos profesionais poden encargarse de tódolos elementos da montaxe do centro de lecer, incluíndo calquera aspecto necesario para a súa posta en marcha. En calquera caso, o equipo de persoas que compón a nosa empresa sempre estará dispoñible para axudarvos a que o voso centro funcione con éxito.
Invítovos a que avancedes por estas páxinas e coñezades máis de preto o mundo dos xogos láser.
Axel Serena
Director Xeral