
O xogo láser preferido no mundo enteiro. A última tecnoloxía e os efectos especiais máis abraiantes para que vivas unha experiencia única en cada partida. Imaxínaste estar dentro dun videoxogo? En Quasar Elite, ti es o protagonista. Let´s go laser crazy!
Actualmente existen máis de 255 centros Quasar Elite ao redor do mundo operando dende hai máis de 18 anos. Tantos anos de experiencia permítennos ofrece-lo mellor xogo láser do mercado, coa última tecnoloxía e uns efectos especiais que inundarán os teus sentidos.
En que consiste
Os xogadores divídense en dous equipos, elixen un alcume que lles identificará durante a partida e pasan á sala briefing onde reciben as instrucións do xogo. Unha vez equipados co chaleco e o desactivador láser, os xogadores introdúcense nun labirinto co obxectivo de conseguir a máxima puntuación tanto individual como por equipos. Os efectos especiais máis abraiantes: Música, luces, fume e acción sen límites.
O obxectivo final do xogo é acadar e desactiva-la base inimiga o maior número de veces posible e para iso deberás evitar que te alcancen, esquivando inimigos e desactivando aos xogadores do equipo contrario.
Ao finalizar o xogo, recibirás unha folla de puntuacións con tódalas estatísticas da partida.
Un xogo por equipos onde a habilidade, a puntería e a estratexia son esenciais para conseguir a vitoria. Todo iso co equipamento láser do século XXI e coas máximas medidas de seguridade para que só teñas que preocuparte por alzarte coa vitoria.
Se queres coñecer moitos máis trucos, recomendámoste que te fagas membro do club de xogadores. A través del poderaste por en contacto con outros xogadores, compartir opinións e experiencias e crea-lo teu propio equipo. Ademais poderás beneficiarte de todo o que leva ser socio do noso club. Acumula puntos e trócaos por partidas de balde ou por produtos do noso catálogo. Ademais, manterémoste informado das últimas novidades, promocións e torneos.
Só Quasar Elite dispón dunha comunidade mundial de xogadores que intercambian opinións e experiencias nos nosos foros. Organizamos torneos rexionais, nacionais e mundiais de forma periódica. Forma o teu equipo, gaña o torneo da túa localidade e representa a España no torneo mundial de Quasar Elite.


