
Para aprendelo todo sobre a tecnoloxía de hoxe e de mañá.
A tecnoloxía xa forma parte de nós... coñezamos como xogar, aprender e compartir nunha contorna do presente século.
En que consiste:
Quasar Science é un laboratorio de experimentación para nenos orientado a colexios de primaria e secundaria. Trátase de ofrecer ao grupo receptor unha experiencia interesante, didáctica, motivadora e á vez lúdica. Facer do mundo da ciencia algo misterioso, apaixonante e curioso.
Ofrecemos unha seguridade máxima á hora de realizar este proxecto, contando cunha guía de seguridade que permita aos escolares desfrutar dunha experiencia educativa e divertida.
Quasar Science é un produto que ten como obxectivo estimular aos alumnos que participan no evento, motivando actitudes como: competitividade, cooperación, curiosidade, respecto, compañeirismo e afán de superación tanto no ámbito didáctico como no lúdico.
Máis de 52 experimentos científicos sobre:
Dende construir un coche solar, acender unha lámpada cunha pataca, a realizar un detector de choiva.
O noso manual de experimentos está dividido en tres niveis: básico, medio e avanzado, distinguidos por idades.
Importancia do xogo. A vida, como a infancia non se pode concibir sen xogo, xa que calquera actividade que se practique, pode influir fundamentalmente no desenvolvemento e comportamento dunha persoa. Falamos de confianza, autonomía, creatividade, compañeirismo,... todo iso influíndo na formación da personalidade.
Indicado para colexios de primaria e secundaria. Un novo concepto de Edutainment, educación e diversión xuntos.



