
Tódo los centros Quasar Elite contan cunha cafetería moi especial. Cunha ambientación futurista e unha moi coidada selección de provedores Quasar Cafe é o lugar perfecto para relaxarse logo dunha excitante partida ou para tomar algo cos amigos desfrutando dos acontecementos deportivos que se proxectan nas pantallas.
Temos as mellores marcas de refrescos e bebidas, e para acompañalas unha ampla carta de bocatines, ensaladas, tapas e racións variadísimas ao mellor prezo.
Cun deseño e unha iluminación espectacular, Quasar Cafe adáptase ao horario e ao público asistente. Durante o horario de mañá, a luz e o son transmiten unha cordialidade ideal para gozar da nosa ampla carta de almorzos e comidas de mediodía. Pola tarde, mentres se celebran os cumpreanos, os pais ou acompañantes non terán que preocuparse polos rapaces xa que terán un espazo reservado para eles e serán os monitores quen se ocupen de que todo saia á perfección.
No luscofusco, a luz, a música e o ambiente transforman Quasar Cafe nun bar-musical para o público mozo e adulto, que poderán gozar das instalacións ata que peche o centro.
Sala de eventos
En Quasar Elite dispomos dunha sala de eventos, na que realizar todo tipo de celebracións, coa intimidade que precisas. Poderás reserva-la sala durante varias horas e dispor en exclusiva de tódolos nosos servizos. Animación e xogos interactivos en grupo por parte dos monitores para os cumpreanos dos máis pequenos, que gozarán dunha completa merenda e onde o anfitrión poderá soprar as velas con tódolos seus amigos.
Festas, despedidas de solteir@, reunións de amigos... En Quasar Elite podemos organiza-la festa a túa medida. Só tes que dicirnos o que necesitas, xa sexa un catering ou un concerto, a nosa sala de eventos está completamente equipada para calquera tipo de celebración.
Dispomos de tódolos elementos audiovisuais para a realización de eventos de empresa. Proxector, pantalla xigante e o mellor son, xunto coa iluminación adecuada converten a nosa sala de eventos no lugar perfecto para realizar lanzamentos de produtos, congresos, convencións ou business games. Unha nova forma de incentivar aos traballadores, compañeiros ou clientes con xogos interactivos en grupo.


